A Pobra consolídase como destino turístico grazas á oferta cultural e de lecer

A POBRA> Exitoso balance turístico do verán na Pobra. Entre os meses de xuño e setembro máis de 2000 persoas pasaron pola oficina de turismo situada na casa mariñeira e preto de mil participaron nas rutas marítimas pola ría.

A Pobra pechou o verán con moi bo sabor de boca tanto no eido turístico como cultural. Os datos dan idea de gran afluencia de visitantes que se achegaron ata o municipio entre xuño e setembro. Máis de dúas mil persoas procedentes de tódolos puntos de España pero tamén doutros países como Francia, Inglaterra, Irlanda, Alemaña ou mesmo Estados Unidos e países de América do Su. O Camiño Xacobeo tamén tivo gran protagonismo coa chegada de numerosos peregrinos por mar e terra.

Na programación desenvolvida polo concello destacou a Semana do Mar con grande participación nas saídas de turismo mariñeir. Tamén as viaxes pola ría tanto en veleiro como en catamarán e lancha e as visitas guiadas ó Río Pedras.

Cómpre sinalar tamén neste verán a relevancia da oferta cultural con máis de 2000 visitas rexistradas ó museo Valle-Inclán non só procedentes doutros puntos xeográficos senón que se detectou un gran fluxo de veciños da Pobra que se achegaron nestes meses para participar nas visitas guiadas que ofrece este centro cultural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí