GALICIA> A Xunta aproba un paquete de 10 medidas para facerlle fronte á crise do coronavirus. Mobiliza case sete millóns de euros para a compra de material sanitario e apraza o pagamento de impostos autonómicos. Ademais, tamén compra 1.000 ordenadores para que os nenos das familias con menos recursos sigan as clases ‘on line’.
O Consello da Xunta deu hoxe luz verde a 10 medidas para loitar contra a pandemia. Para iso, o goberno galego aprobou un plan de liquidez para contar con 1.800 millóns de euros adicionais.
No capítulo sanitario autorízase a compra dunha nova partida de material, por un valor de sete millóns de euros. Porque o peor, aínda está por chegar.
Na parte económica, Feijóo anuncia o aprazamento do pago dos impostos autonómicos. Ademais, a Xunta asume a cobertura do 100% das axudas do bono de alugueiro social.
O executivo galego tamén comprou 1.000 ordenadores novos que destinará a aqueles alumnos de familias con menos recursos para que poidan segui-las clases de forma ‘online’. Eses equipos contarán con conexión a internet de balde.