Éxito de público na Noite Aberta de Boiro

BOIRO> Descontos, sorteos e animación de rúa fixeron da Noite Aberta de Boiro un éxito de público e se prevé que tamén de vendas para os vinte e catro establecementos que participaron na iniciativa. Os comercios permaneceron abertos ata as once da noite, ofrecendo non só ofertas do máis interesante, senón tamén agasallos ós seus clientes.

O sorteo dos obsequios realizouse a través dunha ruleta da fortuna na que os compradores podían realizar unha tirada por cada tiquet de compra optando a conseguir diversos regalos como tazas, xoguetes, bolsas reutilizables ou mesmo vales de compra por valor de cinco euros.

Ademais os asistentes puideron desfrutar do espectáculo de animación itinerante ‘Tea Deusa da Luz e do Sol’, organizado pola concellería de Cultura que ofreceu dous pases durante a tarde . Á espera de realizar un balance detallado dos resultados, os comerciantes amosáronse moi satisfeitos coa boa acollida desta iniciativa que augura boas expectativas de cara á campaña de Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí