Zona Franca préstase a desenvolver o polígono de Fragamoreira se a Xunta o transfire a Poio

PONTEVEDRA> A Zona Franca de Vigo comprométese a desenvolver o polígono de Fragamoreira, no concello de Poio. O consorcio asegura que é preciso contar con máis solo industrial e considera que a ubicación deste polígono faino altamente competitivo. Dende Zona Franca e concello apuntan que a única traba para levalo adiante é que é propiedade de Xestur, da Xunta de Galicia. Por iso a corporación debaterá no vindeiro pleno unha moción para pedir ao goberno autonómico a transferencia do proxecto e dos terreos ao concello.

O concello de Poio está decidido a poñer en marcha o polígono industrial de Fragamoreira. Unha década despois o proxecto aínda non foi desenvolvido por Xestur, ente dependente da Xunta de Galicia.

Para levalo adiante, o concello ten agora co compromiso de Zona Franca. O consorcio asegura que é preciso contar con máis solo industrial e confía na competitividade do polígono de Fragamoreira.

Segundo Zona Franca, hai cartos e hai compromiso para desenvolver Fragamoreira. O impedimento é que o proxecto e o solo dependen da Xunta de Galicia. Por iso a corporación debaterá no videiro pleno unha moción para reclamar a transferencia.

Agís trasladou que todo o traballo de planificación relacionado coa urbanización, sectorización e tramitación xa está feito, polo que dende Zona Franca ven posible que, de pechar a transferencia, o polígono de Fragamoreira podería ser unha realidade a finais deste ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí