Ribeira solicita a liberdade de horario nas saídas polas parroquias de menos de cinco mil habitantes

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, anunciou que se lle remitira xa solicitude á Delegación do Goberno para que autorizase a liberdade de horario nas saídas nas oito parroquias do Concello inferiores a cinco mil habitantes.

A través dun escrito remitido á Delegación do Goberno en Galicia, o executivo ribeirense vén de solicitar que non haxa restrición de horario nas saídas nas oito parroquias do municipio con poboacións inferiores ós cinco mil habitantes, para que os veciños poidan saír con máis liberdade a realizar paseos ou practicar deporte individual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí