A Garda Civil investiga as posibles causas da morte dun home en Boiro

BOIRO> Nota tráxica no último día das festas. Un home duns 45 anos aparecía esta pasada madrugada cun forte golpe na cabeza nunha beirarrúa da zona de Espiñeira que conduce a unha das entradas da autovía. Un particular foi o que deu o aviso ó 061, alertando ós equipos sanitarios que se desprazaron rapidamente ata o lugar para prestar asistencia ó ferido.

Ó parecer o individuo estaba aínda con vida, pero sangraba abundantemente, razón pola que decidiron trasladalo con urxencia ata o hospital da Barbanza, onde falecía horas máis tarde.

A Garda Civil xa investiga as posibles circunstancias que desencadearon o tráxico suceso para determinar se puidera tratarse dun homicidio ou pola contra dun suicidio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí