A Pobra conmemora o Día dos Monumentos cunha visita guiada polas ‘casas institucionais’

A POBRA> O concello da Pobra volverá conmemorar o Día Internacional de Monumentos e Sitios cunha visita comentada polas casas institucionais da vila. A ruta, que se desenvolverá o domingo, partirá do cruceiro de Entre Vilas e rematará no consistorio con parada na casa da cadea.

Hoxe conmemórase o Día Internacional de Monumentos e Sitios. Para celebralo, o concello da Pobra programou unha ruta guiada que se desenvolverá o domingo para poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da vila.

Nesta edición, o percorrido que leva por título ‘As casas institucionais dos concellos do Caramiñal e da Pobra’ inclúe tres paradas: o cruceiro de Entre Vilas, a casa da cadea e a casa consistorial.

A visita é de balde aínda que os interesados deberán inscribirse previamente no Museo Valle-Inclán ou a través dos teléfonos  981831662 e 681173484.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí