Pontevedra mantén a súa aposta pola obra pública para reactivar a economía local

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra mantén a súa aposta pola obra pública para reactiva-la economía local. Esta mañá, o alcalde da cidade mantivo un encontro con representantes do sector da construción. Lores comprometeuse a traballar para fomenta-la axilización do pago a provedores e incentiva-la contratación de obra pública.

Pontevedra quere mante-la súa aposta pola obra pública como ferramenta para incentiva-la economía local. Esta mañá, o alcalde da cidade mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación de Empresas da construción de Pontevedra. O rexedor salientou a necesidade de apoia-lo sector, porque xera actividade económica, emprego e dinamiza outros sectores.

Para os representantes do gremio, a construción é nestes momentos de crise fundamental, porque fai que se movan moitos subsectores da economía local.

Logo da reunión, o alcalde manifestou o compromiso do goberno local para axilizar procedementos de contratación e dinamizar o sector.

Os representantes da Asociación de Empresas da Construción de Pontevedra comprometéronse tamén a seguir mantendo tódalas medidas de seguridade implementadas xa, para evitar posibles casos de coronavirus. De feito, polo de agora entre os seus traballadores non se produciu ningún contaxio.