O Grove ármase de medidas de prevención contra o coronavirus

O GROVE> Ante a paulatina transición cara a nova normalidade, os concellos comezan a tomar medidas de prevención. É o caso do Grove, onde se acaban de instalar dispensadores de xel desinfectante en edificios públicos.  O plan do goberno meco é incorporar tamén felpudos desinfectantes e mamparas de seguridade entre os traballadores. Ademais, estudan instalar fontes desinfectantes nos parques.

O Grove toma medidas para previ-los contaxios por coronavirus. Ante o inicio da desescalada, o goberno local vén de instalar dispensadores de xel hidroalcólico en edificios públicos. Vanse colocar en tódolos accesos dos edificios de titularidade municipal.

O uso destes dispensadores será obrigatorio para todo aquel que pretenda acceder ás instalacións. Con todo, esta non será a única medida que se implemente no Grove: tamén van instalar felpudos  con desinfectante para a limpeza do calzado, para contribuír a que o virus non acceda a eses edificios.

Ademais, para protexe-la seguridade de traballadores e funcionarios, instalaranse mamparas de seguridade, para previr novos contaxios.

Todas estas medidas afectan ó interior dos edificios públicos, pero o Concello traballa tamén na posta en marcha de medidas de contención do virus en zonas verdes e parques infantís.  Cacabelos avanza que se pretenden instalar dispensadores semellantes a este.

Polo de agora, os dispensadores foron instalados no edifico administrativo, policia local, concello e asuntos sociais. En función do avance da desescalada, instalaranse en espazos culturais e deportivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí