Pontevedra repite como sede do Congreso Flúor, atraendo a medio milleiro de profesionais do marketing

PONTEVEDRA> O mundo da publicidade e do marketing en Galicia volverá mirar cara Pontevedra. Os días 30 e 31 de maio a cidade repite como sede do Congreso Flúor. Celebrarase na sede de Afundación, con conferencias e mesas redondas polas que pasarán unha vintena de relatores. Entre eles, nomes como Luis Bassat, Andy Stalman ou Inés Fonseca.

Pontevedra repite como sede do Congreso Flúor, centrado no mundo da publicidade e do marketing. Será a sexta edición desta cita, que atraerá ata a cidade a preto de 500 persoas.

Será os días 30 e 31 de maio, cunha programación completa de conferencias e mesas redondas que se celebrarán na sede de Afundación da cidade.

Os relatorios correrán a cargo de ata unha vintena de profesionais. Entre eles, nomes como Luis Bassat, Andy Stalman ou Inés Fonseca. Tamén se tratarán temas de impacto social, como o activismo, a sustentabilidade ou o empoderamento feminino en Flúor Voices. A igualdade laboral no sector será abordada por Marta Llucía, colaboradora de Más Mujeres Creativas.

A programación complétase con encontros de networking e outras actividades pensadas para aprender e coñecer a destacados profesionais do mundo do marketing.