O sector do Mar reclama a baixada do IVE do peixe para fomentar o seu consumo

RIBEIRA> Indignación entre o sector do mar ante a falla de axudas para facer fronte á crise que atravesa. Tras quedarse fora dos descontos directos nos combustibles, os mariñeiros critican que non se inclúe o peixe nos produtos con IVE reducido.

O patrón maior de Aguiño amósase moi crítico coa decisión do goberno de non incluír ó sector pesqueiro entre os beneficiarios dos descontos directos de combustible. Os profesionais do mar reivindican o dereito á redución posto que consideran insuficientes as axudas para un sector de primeira necesidade.

Tampouco entenden que non se incluíra o peixe na lista de produtos con IVE reducido co fin de fomentar o seu consumo.

Ante esta situación, dende o sector miran ó futuro con pesimismo e auguran tempos complicados para un dos sectores estratéxicos da nosa economía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí