O BNG proponse mellorar a rede viaria que conecta as parroquias co centro de Pontevedra

PONTEVEDRA> Mellorar a rede viaria que conecta as parroquias máis próximas co centro de Pontevedra. Este é un dos compromisos que Miguel Anxo Fernández Lores asume se a veciñanza volve escollelo como alcalde da cidade. O candidato do BNG asegurou que buscará que todas as administracións titulares de estradas na localidade aposten por aplicar as medidas de calmado de tráfico que xa se toman nas vías municipais.

O BNG presentou hoxe a súa nova estratexia de infraestruturas para a cidade de Pontevedra.

Para conseguir este obxectivo, o candidato nacionalista reclamou o compromiso das demais administracións. Miguel Anxo Fernández Lores reclamou que tanto o Estado, como a Xunta e a Deputación aplican nas vías da súa titularidade o modelo urbano pontevedrés.

Os nacionalistas recollen nesta estratexia dezaseis proxectos para a rede viaria da cidade. Implementar medidas de calmado do tráfico en estradas que atravesan as parroquias de Alba, Lérez ou Salcedo, executar a variante de Alba ou rematar a circunvalación, son algúns deles.

O alcaldable do BNG asegurou tamén que, de manterse como rexedor, o concello estaría disposto a colaborar coas administracións responsables de executar estas actuacións. Tamén se ofreceu a asumir a titularidade dalgunhas das estradas do rural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí