As obras de rehabilitación do pazo de Goiáns avanzan a bo ritmo

BOIRO> O executivo boirense informou da marcha das obras de rehabilitación que se están a levar a cabo actualmente no Pazo de Goiáns.

Dende  o Concello confían en que se poidan ir reducindo os prazos de execución sobre os tempos inicialmente previstos fixados para o verán de 2021.

Na actualidade avanzan a moi bo ritmo os traballos de limpeza, estabilización e recuperación das fachadas do inmoble, que xa se realizaron nun terzo do inmoble.

Para a instalación da cuberta, prevista xa para o final do verán, son fundamentais as tarefas de estabilización das fachadas e recuperación das cabezas dos muros. O obxectivo é facelo antes da chegada do inverno, para que o pazo estea totalmente protexido e poder realizar así as tarefas de acabados interiores.

As actuacións no inmoble, que roldan o millón de euros, incluirán, ademais da súa rehabilitación, o acondicionamento da finca, e convertelo nun espazo amplo, diáfano e versátil, e poder acoller nel diversas actividades como exposicións ou eventos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí