Moitos barbanzáns interésanse polos requisitos para acceder ó Ingreso Mínimo Vital

BARBANZA> A aprobación do ingreso mínimo vital por parte do Goberno Central foi moi ben acollida dende entidades como Stop Desafiuzamento Barbanza. A Plataforma leva anos traballando con familias en situación de pobreza extrema, que serán precisamente os principais beneficiarios desta axuda.

O ingreso mínimo vital beneficiará a aqueles fogares en situación de pobreza extrema, cuxos ingresos sexan inferiores os 230 euros ó mes. A medida foi valorada de xeito satisfactorio dende a Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza ó tratarse dunha axuda que viñan reivindicando dende hai tempo, como mellor fórmula para  loitar contra a desigualdade social.

Na comarca podería beneficiar a numerosas persoas en situación de extrema pobreza.

Para acceder á prestación, que poderá solicitarse a partir do próximo quince de xuño, deberá acreditarse a situación de vulnerabilidade e levar alomenos un ano vivindo en territorio nacional, o que deixaría fóra desta axuda ós inmigrantes en situación irregular. Os ingresos oscilarán entre os 460 e os 1.000 euros, dependendo da composición do fogar. No caso galego non se poderá compatibilizar co cobro da RISGA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí