RIBEIRA> O concello de Ribeira entregou unha quincena de cestas de Nadal ós gañadores dos concursos de decoración e embelecemento de fachadas e xardíns. Ademais dun premio á mellor vivenda de cada parroquia, distinguise á mellor de todo o municipio, así como dous comercios e dous locais hostaleiros.
Os afortunados gañadores do concurso de embelecemento de fachadas e balcóns de Ribeira recollían esta mañá o seu premio en forma de cesta de Nadal. Foron en total 10 cestas, unha por cada parroquia, e unha especial valorada en 300 euros para a mellor decoración de todo o municipio. Foi para Anonio Casanova de Castiñeiras.
Ademais das vivendas, o concello convocou tamén o concurso de decoración para comercio e hostalería. Outorgáronse dous premios en cada categoría. A mellor decoración hostaleira foi para A Caseira e, en segundo lugar, o Cocoluche, mentres que no apartado de comercio o xurado distinguiu os escaparates de ‘Teresa Arreglos de Confección’ seguida de Marivií Santos Atelier.
Dende o concello agradeceron a ampla participación nestes certames que contribúen a embelecer o municipio nestas festas de Nadal ó tempo que dinamizan o consumo local.











