PORTO DO SON> O executivo sonense crea unha plataforma de venda por internet: ‘Sonoteucomercio.gal’. Na iniciativa participan preto de cincuenta empresas de diferentes sectores.
Coa finalidade de reactivar a economía local, o Concello, decidiu poñer en marcha unha plataforma municipal de venda e distribución por internet. A iniciativa , que xa está operativa dende hoxe, participan unhas 46 empresas de distintos sectores como son o comercio, a hostalería, o turismo ou servizos.
Pero esta non será a única iniciativa que o executivo sonense vai realizar de cara a paliar a actual situación de crise económica que vive o sector empresarial do municipio. Tamén se promoverá a súa formación.