Luz verde á remodelación da UAD de Ribeira

RIBEIRA> O executivo ribeirense vén de aprobar na última xunta de goberno as obras de acondicionamento e de mellora da envolvente exterior do edificio da Unidade de Atención a Drogodependentes, en Coroso.

A actuación, que conta cun orzamento de licitación duns 420 mil euros, IVE incluído, está subvencionada en base a un convenio de colaboración asinado polo Concello co Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A mellora virá a satisfacer as demandas dos traballadores e usuarios da UAD, xa que o edificio con máis de corenta anos de antigüidade presentaba importantes deficiencias, principalmente no referente á súa envolvente térmica.

O prazo de execución dos traballos de mellora será de catro meses.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí