Refugees Welcome convida ós galegos a sumarse á ‘cultura da benvida’

    GALICIA> Bota a andar o grupo territorial de Refugees Welcome en Galicia. Faino a través dunha campaña de benvida que busca un fogar para as persoas desprazadas. Os interesados en participar tan só teñen que rexistrar a súa vivenda na plataforma da entidade ofrecéndose para a convivencia con persoas refuxiadas.

    As longas horas de confinamento ás que nos obrigou esta crise sanitaria converteron as nosas casas nos nosos refuxios. Agora temos a oportunidade de encher de sentido este termo grazas á campaña que vén de poñer en marcha Refugees Welcome que estrea grupo territorial en Galicia.

    Trátase da primeira iniciativa do grupo de voluntarios que compoñen a rama galega desta organización internacional con presenza en catorce países. Ademais de promover alternativas de aloxamento a persoas refuxiadas baseadas na convivencia e integración local, Refugees Welcome busca desbotar moitos mitos que rodean ás persoas desprazadas.

    Á acumulación de solicitudes pendentes haberá que engadir agora as peticións non resoltas nestes meses de paralización administrativa. Miles de expedientes que non son números; son vidas coas que que podemos colaborar sumándonos á cultura da benvida.

     

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí