Os hostaleiros de Ribeira súmanse á campaña de rascas da patronal

RIBEIRA> A hostalería de Ribeira súmase á campaña de dinamización que xa está en marcha no comercio local. Bares e restaurantes repartirán rascas entre os seus clientes que optarán a premios directos para consumir nos distintos establecementos.

‘Consume local’ é o título da campaña que entre mañá e o 31 de xullo se desenvolverá en distintos establecementos hostaleiros de Ribeira. Esta iniciativa, promovida pola asociación de empresarios de Ribeira, dá continuidade á campaña de dinamización que xa ten en marcha o comercio local.

O concello apoia o desenvolvemento destas campañas a través de axudas directas enmarcadas no plan Reactiva Ribeira. Polo momento xa está confirmada a participación de medio cento de bares e restaurantes adheridos á patronal local. A convocatoria está aberta tamén para os non asociados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí