Congalsa ratifica a súa adhesión á Alianza Galega polo clima

A POBRA> A Conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá as instalacións de Congalsa, que se vén de adherir á Alianza Galega polo Clima. A empresa súmase así a unha rede composta por máis de 40 axentes que buscan reducir as emisións contaminantes en toda a comunidade.

Mediante esta sinatura a empresa Congalsa oficializaba a súa adhesión á Alianza Galega polo Clima, constituída o pasado mes de xuño coa participación de numerosos axentes públicos como as universidades e portos autonómicos e empresas privadas. Na actualidade conta xa con 41 membros que ó igual que Congalsa apostan pola sostenibilidade dende unha triple vertente: económica, social e medioambeintel.

A Conselleira de Medio Ambiente quixo agradecer o compromiso da firma pobrense que xa dende 2019 está adherida ó pacto mundial da sostenibilidade de Nacións Unidas, polo que implantou os máis avanzados sistemas nas súas liñas de produción para reducir as emisións de CO2. Este é o principal obxectivo de Galicia que se sitúa xa entre as tres primeiras comunidades con menor emisión de gases de efecto invernadoiro co obxectivo de seguir mellorando de aquí a 2040.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí