A Pobra amplía a formación sobre froiteiras con cursos de poda e enxertos

A POBRA> O concello da Pobra organizará un novo curso de poda e daralle continuidade cunha acción formativa sobre enxertos. Ofertaranse 15 prazas en cada un deles que se asignarán por orde de inscrición. Os interesados xa poden anotarse a través do departamento de Medio Ambiente.

Dada a gran aceptación que tivo o curso de poda desenvolvido o pasado ano, o concello da Pobra volve ofertar esta acción formativa.

Desenvolverase nunha sesión teórica e tres prácticas, en diferentes meses segundo a mellor época para a poda de diversas árbores froiteiras.

O concello da Pobra decidiu este ano ampliar a formación nesta materia cun curso sobre enxertos para os que previamente xa realizaran o de poda.En ámbolos dous casos ofértanse 15 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición. Os interesados xa se poden anotar a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal ou nas propias dependencias de Medio Ambiente no concello. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí