Tres feridos leves na explosión dunha bombona en Noia

NOIA> Susto na rúa Pontevedra de Noia onde a pasada noite explotou unha bombona de cámping gas. O suceso provocou un pequeno incendio no domicilio que foi atallado polos propios residentes. Aínda así, dous deles tiveron que ser trasladados ó centro de saúde.

Pasadas as oito da tarde, o 112 recibía o aviso dun incendio nun domicilio da rúa Pontevedra, en Noia. Ó parecer, un dos habitantes estaba a preparar comida cun fornelo móbil cando, por razóns que se descoñecen, a bombona estourou provocando un pequeno lume que puido ser sufocado polos propios residentes.

Un dos feridos  tivo que ser atendido no propio domicilio polas queimaduras que presentaba na man mentres que as outras dúas persoas. unha muller de trinta anos e un home de corenta e catro, foron trasladadas en ambulancia ó centro de Saúde, cun cadro leve de ansiedade. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de Boiro e de Protección Civil de Noia que procederon a airear a vivenda  e comprobar que o lume estaba extinguido. Colaboraron tamén no dispositivo membros do Grupo de Emerxencias de Brión e axentes da policía local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí