Ence vai contratar 16 titulados en segundo ciclo de FP

PONTEVEDRA> A Xunta e ENCE asinan un convenio para a contratación de 16 titulados en segundo ciclo de FP. A pasteira de Lourizán vai destinar para esta bolsa de emprego medio millón de euros. Para o vicepresidente do executivo galego, o convenio preséntase como unha medida para palia-la crise derivada da COVID-19.

A Xunta e Ence asinan un convenio polo que a pasteira de Lourizán vai contratar 16 titulados en segundo ciclo de Formación profesional. Para o vicepresidente do executivo galego o acordo pode considerarse como unha medida máis para palia-la crise que deixa o coronavirus.

O convenio foi asinado esta mañá na Delegación da Xunta en Pontevedra. Os 16 mozos que se van contratar a través del traballarán durante un ano en distintos departamentos da pasteira.

Na sinatura tamén participou a Conselleira de Medio Ambiente. Ángeles  Vázquez salienta os bos resultados que, ó seu criterio, dan os convenios que a Xunta asinou con ENCE dende o 2016. Di que o seu obxectivo sempre é o mesmo, o coidado da contorna da ría de Pontevedra, aínda que indica que o coronavirus fixo mudar algunhas cousas.

Os interesados en inscribirse nesta bolsa de emprego deberán poñerse en contacto con recursos humanos de Ence.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí