Outes executa obras de mantemento nos paseos marítimos do Freixo e Broña

OUTES> As actuación forman parte do Plan de Mellora e Mantemento de Infraestruturas Municipais, con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. A estas dúas actuacións destínase un orzamento duns 50 mil euros.

Co obxectivo de poñer en valor a fachada marítima da localidade, e que esta presente o seu mellor aspecto de cara a tempada estival, o executivo outense vén de iniciar labores de mantemento nos paseos marítimos do Freixo e Broña.

Os traballos, incluídos no Plan de Mellora e Mantemento de Infraestruturas Municipais, van con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, cun orzamento duns 50 mil euros.

O Concello ten previsto ademais solicitarlle tamén a Portos de Galicia unha actuación complementaria no peirao do Freixo que permita poder levar a cabo a reparación das táboas en mal estado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí