30 establecementos participan na Pink Noia con descontos do 20 por cento en tódolos artigos

NOIA> Unha trintena de comercios participarán este sábado na undécima edición da Pink Noia. Ademais de ofrecer un 20 por cento de desconto en tódolos seus artigos abrirán ata as nove e media da noite. Organizaranse actividades complementarias para animar a xornada.

Noia Histórica pon en marcha este sábado a Pink Noia, unha campaña comercial coa que dá a benvida a tempada de primavera. 30 establecementos sumáronse á iniciativa aplicando un 20 por cento de desconto en tódolos seus produtos. Como novidade, os clientes  recibirán un rasca co que optarán a vales de desconto directo de 5 euros.

Durante toda a xornada desenvolveranse actividades complementarias como inchables para os nenos ou unha máster class de zumba. Os comercios permanecerán abertos ata as nove e media da noite. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí