PONTEVEDRA> Un home está ingresado en estado moi grave tras ser localizado nun banco do barrio pontevedrés de Valdecorvos cun forte golpe na cabeza. As Policías Nacional e Local manteñen aberta unha investigación para intentar aclarar o estrano suceso que se deu onte pola tarde.
Foi un particular o que deu a voz de alarma. Estaba paseando pola zona cando viu como un home saída dun coche, camiñaba ata un banco e quedaba aí sen moverse. O vehículo permanece custodiado na xefatura da Policía Local e baixo vixilancia. Ademais, permanece acordoada a zona na que apareceu.
Os axentes aínda non puideron falar coa vítima, que tras recibir a primeira atención no Hospital Montecelo foi derivado ao vigués Álvaro Cunqueiro. Presenta unha lesión moi grave na cabeza, sufriu unha hemorraxia e tamén ten golpes noutras partes da cara.