RIBEIRA> Hoxe arrancaba a programación do concello de Ribeira en conmemoración do Día da Diversidade Sexual. As actividades desenvolveranse íntegramente online polas condicionantes da Covid-19.
A concelleira de Igualdade, Ana Ruiz, e a directora do Centro de Información á Muller, Dolores Crujeiras, foron as encargadas de presentar a programación deseñada dende o Concello para conmemorar o Día da Diversidade Sexual que se celebrará o vindeiro domingo 28 de xuño. As propostas arrancaban xa hoxe cunha videocreación do artista multidisciplinar Samuel Merino.
A través das redes sociais municipais emitiranse tamén un total de cinco curtametraxes que centran a súa temática na diversidade e en contra a intolerancia cuxo visionado estará dispoñible ata o 3 de xullo.
A programación concluirá precisamente ese día coa emisión dun videorelatorio formativo de peche a cargo de Patricia Freire, educadora social do colectivo Afectividades.
Durante estes días na fachada consistorial lucirá tamén a bandeira arcoiris símbolo do colectivo LGTB e o Concello estará iluminada tamén coas cores do arco da vella.