Xa non quedan pacientes ingresados por Covid-19 nos hospitais de Santiago-Barbanza

BARBANZA> Esta mañá producíase a última alta. O paciente que continuaba ingresado no Clínico de Santiago deu negativo na proba da PCR. Trátase dun home de  69 anos, con múltiples patoloxías previas que tivo unha longa hospitalización.

Os datos fannos retroceder ós inicios da crise sanitaria, concretamente ó pasado 12 de marzo, que foi cando se produciu o primeiro ingreso por coronavirus nun centro hospitalario da área sanitaria Santiago-Barbanza.

Durante todo este tempo pasaron polos centros da área 479 pacientes, dos cales 29  foron no hospital da  Barbanza. Ata o día de hoxe realizáronse máis de 26 mil PCRs.

Arestora hai 26 casos activos en domicilio e o número de persoas curadas ascende ás 1.735.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí