PONTEVEDRA> As discotecas e os pubs de Pontevedra prepáranse de cara a súa reapertura. A partir deste mércores todos os locais de ocio nocturno de Galicia poderán abrir as súas portas pero con estritas medidas de seguridade. O aforo estará limitado e todos os clientes deberán usar as máscaras.
A música volverá a soar este mércores en todos os locais de ocio nocturno de Galicia. Os pubs e as discotecas reabren as súas portas tras máis de tres meses pechados pero o fan cun protocolo moi estrito. O aforo permitido será de dous terzos e será obrigatorio usar máscara.
Todos os que queiran volver a desfrutar do ocio nocturno deberán facelo con responsabilidade e todos os clientes terán que facilitar o seu número de teléfono por se hai algún rebrote.
O ocio nocturno convértese así nun dos últimos sectores en retomar a súa actividade e o fai cunha advertencia da Xunta de Galicia. A administración autonómica asegurou nos últimos días que haberá unha especial vixilancia en todos estes locais.
E aínda que todos teñamos que estar a partir desta fin de semana coa máscara posta nas discotecas, co xel hidroalcólico ven cerca e gardando, na medida do posible, as distancias de seguridade, o certo e que, despois de moitas falsas alarmas, este mércores chega a nova normalidade a noite pontevedresa.