As Ruínas de San Domingos volven a acoller visitas tras máis dun ano pechadas

PONTEVEDRA> A cultura galega retoma pouco a pouco a súa actividade. Un dos últimos lugares en facelo foi as Ruínas de San Domingos, en Pontevedra. Un espazo que levaba pechado dende maio de 2019 por cuestións administrativas e que xa acolleu a visita dos primeiros turistas.

As Ruínas de San Domingos volven a abrir as súas portas. En maio de 2019, o Museo de Pontevedra pechaba este espazo tras a aparición dunha greta nunha das fachadas. No mes de setembro era a burocracia a que freaba a súa reapertura. Pero tras máis dun ano pechadas e, cunha pandemia de por medio, estas instalacións volven xa a acoller a visita de turistas.

As Ruínas volven a abrir adaptándose a esta nova normalidade. O aforo está limitado a 20 persoas, os visitantes deben gardas as distancias de seguridade e, como non podía ser doutro xeito, tanto os maiores como os pequenos deben levar máscara.

Durante as primeiras 24 horas, estas Ruínas recibiron a visita de máis de 70 persoas. A maioría dos turistas proviñan doutros puntos do territorio nacional.

Todos os que se acheguen ata aquí poderán volver a gozar das reliquias que se atopan no seu interior.

As Ruínas poderán visitarse de martes a sábado en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí