Os vendedores da praza de Vilagarcía mobilizaranse para evitar o traslado do mercado ambulante

VILAGARCÍA> A asociación de comerciantes da praza de Vilagarcía abandona a campaña son da cosa. Os vendedores toman esta decisión trala negativa di concello a dialogar con eles. Consideran que o traslado do mercado suporá a fin tanto dos ambulantes como dos praceiros.

O concello de Vilagarcía puxo en marcha a campaña son da casa. Un programa de medidas para a reactivación do tecido económico da vila, no que participan todos os sectores. Agora, os comerciantes da praza de abastos deciden retirarse e non formar parte desta campaña. O motivo é a decisión do goberno local de trasladar o mercado ambulante ao parque da xunqueira.

Os comerciantes consideran que esta decisión suporía a desaparición do mercado ambilante e da praza.

Tampouco están de acordo coa nova medida do goberno de manter o mercado en Alexandre Bóveda compartindo a rúa co tránsito de vehículos. Ademais advirte do perigo de esta situación.

Hai uns días, os comerciantes da praza asistiron como invitados a unha reunión entre os o concello e os vendedores ambulantes. Os pareceiros mostran o seu malestar polo trato que, aseguran, recibiron por parte do goberno local.

Os vendedores tiveron unha reunión esta mañá na que decidiron comezar mobilizaranse para que o concello negociar con eles e atenda as súas peticións. Mañá as 12 todos os praceiros, vendedores e comerciantes sairán á rúa para facer unha pitada. E mércores desprazaranse dende a praza ata o concello para que a vila coñeza a súa situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí