Xa está aquí o Bonobogreen, un proxecto de concienciación social para os máis pequenos

PONTEVEDRA> O Estudo Bonobo de Pontevedra puxo en marcha o Bonobogreen. Unhas xornadas de creación artística orientadas á concienciar aos máis pequenos na importancia de coidar o medio ambiente. Estas ludotecas levaranse a cabo ao longo deste mes.

O mundo está en perigo! A contaminación por plástico converteuse nun dos problemas medio ambientais máis importantes dos últimos anos e o equipo Bonobogreen non parará ata protexer ao noso planeta.

O futuro está nas súas mans e por iso é fundamental concienciar aos máis pequenos en accións como a reciclaxe. Neste Estudo Bonobo de Pontevedra o fan a través da música, o teatro ou as artes plásticas.

Nestas ludotecas, todos eles encargaranse de crear spots publicitarios, cuñas de radio e ata cancións coma esta.

E aínda que estas ludotecas do Estudo Bonobo de Pontevedra están dirixidas a nenos de entre 6 e 14 anos, o certo e que a pesar da súa corta idade, todos eles están xa concienciados da importancia de coidar o planeta.

O Bonobogreen continuará traballando durante todo este mes para tratar de salvar o mundo da invasión dos plásticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí