As vivendas do rural, en auxe tras a crise do coronavirus

PONTEVEDRA> A crise do coronavirus afectou directamente ao sector inmobiliario. O tipo de demanda mudou radicalmente e agora a cidadanía busca vivendas máis amplas e situadas en espazos rurais.

Inevitablemente a crise do coronavirus vai a marcar un antes e un despois no noso estilo de vida. Coa nova normalidade chega o momento de mudar os nosos hábitos e o noso entorno. Tras pasar un longo confinamento, o primeiro que moitos deciden mudar é o seu domicilio, afastándose de pisos pequenos no centro da cidade e buscando amplas casas no rural.

Tras o confinamento disparouse o interese por rehabilitar vivendas no rural. Un incremento na demanda que coincide coa baixada nos prezos dalgúns inmobles. Porque aínda que algúns se resisten, o certo é que entre os meses de abril e xuño rexistrouse en España unha caída do 6% no prezo da vivenda.

As nosas vidas xa non volverán a ser o que eran antes desta pandemia e as nosas prioridades tampouco, porque con esta nova normalidade a cidadanía deixa de ver as súas vivendas como simples pisos ou casas para convertelas en fogares.