Pablo Casado resalta o valor do sector pesqueiro nos actos electorais do Barbanza

A POBRA> O presidente do Partido Popular recalou na comarca do Barbanza para participar nos distintos actos de campaña de cara ás autonómicas do domingo. Pablo Casado visitou unha batea na Pobra onde destacou o compromiso e o esforzo do sector pesqueiro durante a crise sanitaria.

Acompañado da Conselleira do Mar e diversos representantes do PP en Galicia, o presidente do partido non dubidou en facerse ó mar para coñecer algo máis de preto o oficio do sector pesqueiro. Tras visitar unha batea compareceu no porto da Pobra onde destacou o valor da flota que permaneceu activa durante o estado de alarma garantindo o abastecemento do mercado con produtos frescos.

No seu discurso, no que pediu o voto para Feijoo, Casado referiuse tamén reforma do regulamento xeral de Costas que poría en risco a máis dun cento de empresas transformadoras do litoral galego.

Casado referiuse tamén á futura negociación do Fondo Europeo de Pesca demandando unha negociación favorable para a flota galega polo seu peso estratéxico no conxunto de españa.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí