Os pequenos de Noia disfrutarán de ‘tardes divertidas’ durante todo o verán

NOIA> O luns dará comezo en Noia o programa ‘Tardes de Verán’, unha alternativa de conciliación dirixida a nenos de entre catro e doce anos. Trátase dun complemento ós campamentos urbanos que se desenvolverán en horario de mañá.

Os cativos de Noia poderán participar en obradoiros e actividades lúdicas tódalas tardes, de luns a venres, en horario de sete a nove. O programa ‘Tardes Divertidas’ está dirixido a nenos de entre catro e doce anos.

Desenvolverase tanto no casco urbano como nas distintas parroquias para achegar a oferta de lecer ó maior número de participantes. Para asistir só é preciso chamar ó concello ou achegarse ese mesmo día ó punto indicado.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí