A Deputación arranxará o firme da estrada de Boiro a Cabo de Cruz

BOIRO> A Deputación da Coruña prevé investir preto dos cincocentos mil euros na mellora da seguridade vial na estrada DP-1.107 que une a localidade de Boiro con Cabo de Cruz. O proxecto permitirá actuar sobre o firme da estrada nos catro primeiros quilómetros dende o casco urbano. A actuación inclúe a demolición dos actuais pasos peonís sobreelevados e a instalación de novos redutores de velocidade. O proxecto inclúe tamén a instalación de nova sinalización vertical, tanto nos pasos peonís coma no resto dos tramos do vial. O prazo de execución das obras será de catro meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí