Día do Pai: dillo cun bufet caseiro

SANXENXO> Mañá é o Día do Pai. Máis alá dos clásicos agasallos, imos propoñerlles un menú para conquistar padais. Son pratos moi sinxelos de elaborar, deses que non nos fan erguernos da mesa cada dous por tres durante a comida. Como non, as ideas collímolas no Obradoiro de Hostalería do Salnés.

Quen quere unha garabata, unha colonia ou uns calcetíns, podendo celebra-lo Día do Pai cun saboroso menú. Este ano, no Obradoiro de Hostalería do Salnés propóñennos conquistar ós papás polo padal.

Así que a idea que se lles ocorreu aos alumnos do Obradoiro foi facer un bufet libre para que cando chegue o momento do xantar, ninguén teña que estar pendente dos fogóns.

Ademais, o grupo preparou tamén varios cócteles para acompañar. Tamén sobremesas como esta xelatina que conquista pola boca pero, sobre todo, polos ollos.

A elaboración deste menú do Día do Pai forma parte das prácticas que desenvolven os alumnos do Obradoiro ao longo da súa formación.

Mentres a formación avanza a bo ritmo, o futuro laboral semella que comeza a despexarse para este grupo: aínda non remataron o obraroiro, pero xa están a recibir ofertas de traballo.

O Obradoiro de Hostalería do Salnés comezou no pasado mes de decembro e rematará en setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí