O delegado do goberno e o alcalde de Outes analizan os investimentos do Estado no municipio

OUTES> O alcalde de Outes e o delegado do goberno en Galicia mantiveron unha xuntanza para analizar os investimentos do goberno central no municipio. Destaca o proxecto Renatur para a mellora da contorna do río Tins así como a mellora da eficiencia enerxética.

Son varios os investimentos ealizados polo goberno central en Outes nos últimos anos, encamiñados a unha transformación ecolóxica e dixital cara un modelo máis sostible que mellore a calidade de vida dos veiñosl .

Entre os investimentos máis destacados nesta liña figura a mellora na contorna do río Tins, financiada con fondos do Plan de Recuperación, e  a mellora da conexión da praza do concello co paseo fluvial, no marco do proxecto de sustentabilidade turística do xeodestino da Ría de Muros e Noia que executa o Ministerio de Industrai e Turismo cunha dotación de dous millóns de euros.

Na xuntanza de traballo, o alcalde e o delegado abordaron tamén outras actuacións futuras para o municipio como a necesidade de avanzar en materia de vivenda social. Manolo González plantexou tamén a necesidade de desbloquear a situación do hotel da praia de Broña, en avanzado estado de deterioro.