Cambados inaugura o museo Ramón Cabanillas tras un acto cargado de emocións

CAMBADOS> O concello de Cambados inaugura o museo de Ramón Cabanillas. A apertura tivo lugar despois dun acto no que se recoñeceu a labor de todos aqueles que fixeron posible este momento. Especialmente Luís Rey e Paco Fernández.

O concello de Cambados xa conta cun museo dedicado a seu poeta máis ilustre, Ramón Cabanillas. Despois de dez anos de traballos, e tras verse aprazada a inauguración por culpa das restricións, o museo abre as súas portas un tres de xuño, coincidindo co 145 aniversario do poeta cambadés. A apertura tivo lugar tras un acto emotivo no que se recoñeceu a labor de todos os que fixeron posible este momento. Especialmente ao falcecido Luís Rey e a Paco Fernández.

No acto tamén estivo presente Paco Fernández. O filólogo repasou o camiño andado para poder inaugurar hoxe o museo e destacou a figura de Cabanillas a través de escrituras de outros grandes poetas galegos.

Unha das administracións que apoiou a creación do museo foi a deputación de Pontevedra. Dende o ente provincial destacaron a importancia que terá para Cambados esta exposición.

No acto tamén estiveron presentes os representantes de todas as formacións políticas da corporación de Cambados. Dende o goberno local recoñeceron a labor dos anteriores concelleiros de cultura.

O museo foi deseñado por Pepe Barro. Na exposición poden atoparse imaxes, escritos e obxectos do escritor, entre eles o seu escritorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí