Art for Dent, un proxecto artístico para axudar ao pequeno Hugo

PONTEVEDRA> “Art for Dent”. Ese é o nome dun  proxecto artístico e solidario que naceu para axudar a Hugo Yáñez. Un rapaz galego ao que se lle diagnosticou a doenza de Dent. O obxectivo desta iniciativa é obter fondos para apoiar a investigación desta enfermidade rara. No proxecto colabora o ilustrador Kiko da Silva.

A enfermidade de Dent é unha doenza xenética que afecta directamente aos riles. Unha enfermidade rara que desencadea que o organismo non asimile elementos básicos para a vida como o potasio, as proteínas ou as vitaminas. O pasado mes de decembro, Hugo foi diagnosticado desta doenza. A raíz dese momento naceu  Art for Dent. Un proxecto que busca obter fondos para apoiar a súa investigación. Unha iniciativa da que forma parte o ilustrador Kiko da Silva.

Cando coñeceu a historia de Hugo, Kiko da Silva non o dubidou e decidiu aproveitar os seus contactos para crear unha exposición virtual.

Miguelanxo Prado, Walta, Miguel Porto ou Luz Veloso son algúns dos artistas que colaborarán tamén nesta exposición virtual. Unha mostra que sairá á luz no mes de setembro.

Art for Dent conta tamén co apoio doutras firmas galegas. Por exemplo, na web da tenda Rei Zentolo podedes atopar estas camisetas solidarias. Pequenos grans de area para axudar a Hugo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí