A corporación debaterá este mes os Orzamentos de 2021 e entregará os premios Cidade de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Teatro Principal de Pontevedra celebrará este mes tres Plenos. Por unha banda, a sesión ordinaria, que terá lugar este venres. Ese mesmo día, a corporación aprobará, nunha sesión extraordinaria, os presupostos de 2021. Por último, o día 20, entregaranse os premios Cidade de Pontevedra. Uns galardóns que xa teñen nome.

O xurado dos premios Cidade de Pontevedra elixiu hoxe o nome dos gañadores desta edición. Paula Dapena, a futbolista que se negou a gardar un minuto de silencio por Maradona, conseguiu o galardón na categoría de persoa física. Por outra banda, estes premios recoñecerán tamén a labor do persoal sociosanitario do CHOP durante a pandemia.

Os premios Cidade de Pontevedra 2020 serán entregados o próximo día 20. Ese será o terceiro Pleno que se celebre este mes, xa que este venres día 15, o Teatro Principal acollerá outras dúas sesións plenarias. A primeira terá lugar ás 11:00 horas. Nela, debateranse os orzamentos de 2021.

Tras debater os Orzamentos de 2021, o Teatro Principal celebrará o Pleno ordinario. Nesta sesión só haberá unha moción na que os populares proporán a implantación de medidas de mobilidade eficiente e sostible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí