A asociación do Camiño de Muros Noia presenta o seu proxecto ó Conselleiro de Cultura

SANTIAGO> A presidenta da asociación de concellos do camiño da Ría de Muros Noia mantivo un encontro co Conselleiro de Cultura para presentarlle o plan de traballo da recentemente constituída entidade.

O primeiro paso tralo nomeamento da xunta directiva da asociación de concellos do Camiño da Ría de Muros Noia foi a xuntanza mantida pola súa presidenta, Teresa Villaverde, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.  Ademais de dar conta da creación da entidade e dos avances para conseguir o recoñecemento da ruta como itinerario xacobeo, a presidenta trasladou ó responsable autonómico as accións previstas ó longo de 2020.

Román Rodríguez valorou moi positivamente o labor que está a realizar a entidade e informou á súa presidente de que a Dirección Xeral de Patrimonio traballa xa na avaliación do informe sobre a historicidade do camiño, elaborado pola asociación en colaboración con diredentes entidades do río da Estrela.

Precisamente, hai unhas semanas, Teresa Villaverde mantivo tamén unha xuntanza co arcebispado de Santiago para presentalle o estudo histórico sobre o camiño así como as propostas para materializar un itinerario cultural que recolla as localizacións de fitos xacobeos no percorrido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí