LOUSAME> A chuvia caída durante toda a xornada de onte domingo non foi impedimento algún para poder arrancar con este proxecto ‘De monte a monte: territorios resilientes’, organizado por diferentes comunidades galegas e portuguesas como é o caso da Fundación Montescola, Verdegaia e Veredas da Estrela, e co financiamento da Unión Europea a través do programa Erasmus+.
A iniciativa ten coma principal finalidade afondar na busca de formas de xestión do territorio máis resilientes frente o cambio climático, os incendios forestais e a perda de biodiversidade.
Na primeira das xornadas, desenvolvida en Froxán, tomaron parte ó redor dunhas 40 persoas.
Durante todo o día estiveron desenvolvendo diferentes actividades entre as que se incluiron unha observación nocturna de morcegos ou un espectáculo teatral que servíu para facer reflexionar sobre a destrucción ambiental do mundo rural.
A de onte domingo foi a primeira das dez xornadas de formación previstas que continuarán ata abril de 2026. As seguintes sesión serán o 27 de outubro en Vinhais/Bragança, en Trás-os-Montes, e o 16 de novembro no Ribeiro, en Ourense.
O proxecto está aberto ó público en xeral e tódolos participantes recibirán unha acreditación da formación recibida finalizado o mesmo.










