Cambados comeza a restaurar o cruceiro de Terra Santa

CAMBADOS> O concello de Cambados comeza as obras de restauración do cruceiro de Terra Santa. O elemento patrimonial está considerado ben de interese cultural. A reforma terá un custo de 12 mil euros e a previsión é que estea rematado nun prazo de 1 a 2 meses.

O cruceiro de Terra Santa en Cambados deixará en breves de lucir deste xeito, incompleto. O elemento patrimonial situado en Vilariño leva dous anos sen a súa cruz. O crucifixo rompeu ao caer ao chan por mor dun temporal. Agora o concello xunto coa deputación de Pontevedra poñen en marcha un proxecto para restauralo.

O proxecto ten un orzamento de 12 mil euros desenvolvido por restauradores profesionais. A restauración será completa para evitar os danos provocados nas reformas anteriores feitas no século pasado.

Dende o concello destacan a importancia de restaurar este elemento patrimonial considerado ben de interese cultural.

Este cruceiros xunto con outros do concello delimitaban as xurisdicións das diferentes parroquias de Cambados. Dende o concello xa traballan no desenvolvemento de proxecto para reformalos todos. O próximo será o cruceiro de Castrelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí