Pontevedra rexeita o Real Decreto-lei de remanentes por ser “unha incautación dos fondos municipais”

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra participou hoxe nunha reunión con diferentes alcaldes españois para avaliar o Real Decreto-lei de remanentes. Miguel Anxo Fernández Lores manifestou o seu rexeitamento a esta proposta e asegurou que se trata dunha incautación dos fondos municipais.

O alcalde de Pontevedra manifestou hoxe o seu rexeitamento ao Real Decreto-lei de remanentes acordado polo Ministerio de Facenda e a Federación Española de Municipios e Provincias. O fixo tras manter unha reunión telemática cos alcaldes de diferentes cidades españolas. Tras o encontro, Miguel Anxo Fernández Lores defendeu que o documento aprobado supón unha incautación de fondos municipais.

Na reunión participaron os alcaldes de Bilbao, Cádiz, Granada, Lleida, Reus, Madrid, Murcia, Santa Cruz de Tenerife e Zaragoza. O primeiro asunto acordado neste encontro foi pedir un financiamento directo.

Na reunión telemática, os alcaldes defenderon tamén a utilización dos remanentes independentemente e sen limitacións. Así como tamén levantar a aplicación da regra do gasto do déficit e do endebedamento, polo menos durante o exercicio do 2021, e definir o acceso dos Concellos aos fondos europeos.

No caso do Concello de Pontevedra, os remanentes ascenden a case 20 millóns de euros. Na reunión desta mañá, os alcaldes acordaron solicitar unha reunión ao Ministerio de Facenda para trasladarlle todas estas propostas.