Pontevedra ‘rompe o peto’ e incorpora aos orzamentos deste ano outros 15 millóns

PONTEVEDRA> Os orzamentos de Pontevedra van medrar ata os 112 millóns de euros. O Goberno local vai incorporar ás contas xa aprobadas case 15 millóns, procedentes do remanente de tesoureria. Esta operación permitirá levar a cabo máis de medio cento de actuacións por todo o municipio, co obxectivo tamén de reactiva-la economía local.

No pleno municipal deste mesmo mes, o goberno local de Pontevedra aprobará unha medicación de crédito que permitirá incorporar aos Orzamentos da cidade case 15 millóns de euros. Son fondos que proceden dos remanentes de tesourería e que  elevarán as contas da cidade para este 2021 aos 112 millóns de euros.

Esta incorporación millonaria permitirá, segundo o alcalde da cidade, reactiva-la economía local e atende-las necesidades sociais máis urxentes derivadas da pandemia. Estes fondos adicionais servirán para financiar 52 actuacións, entre as que se inclúe a compra de Santa Clara, a reforma da contorna de Barcelos, o remate das obras do Castañal e diversas actuacións por tódalas parroquias do rural. Lores fala de equilibrio territorial.

Contémplase ademais unha partida de 300.000 euros para axudas a autónomos, outros 200.000 para reforza-las axudas de emerxencia social e outros 90.000 para distintos programas sociais e de igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí