Finaliza a humanización da Avenida de San Campio en Outes

OUTES> Rematadas as obras da Avenida de San Campio en Outes. Esta actuación, financiada pola Deputación da Coruña, supuxo a humanización dunha das arterias principais da localidade.

Os traballos de pintado e sinalización desenvolvidos ó longo desta semana, así como o plantado de árbores e zonas axardinadas, puxeron o punto e final ás reforma da avenida de San Campio, unha obra moi demandada e que se demorou no tempo por diversas circunstancias.

A actuación supuxo un invesntimento de preto de medio millón de euros financiados pola Deputación da Coruña. O concello realizou tamén algunha achega para enriquecer o proxecto como o sobreancho das beirarrúas nalgún treito, como a carón da casa da cultura, ou a dotación de máis zonas verdes.

As obras iniciaranse a principios de ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí