Mecos e Castro Urdiales selan a súa irmandade

mecos_100.jpgO GROVE > Mecos e Castro Urdiales celebraron esta fin de semana un emotivo acto de irmandade, co que estreitaron inda máis a colaboración que ambas entidades manteñen desde hai años. A directora Xeral para o Deporte Marta Souto e o concelleiro de Deportes do Grove, Alfredo Bea, asistiron a este acto.

As boas relacións entre Mecos e Castro Urdiales duran xa oito anos, cando o club de remo cántabro encabezou o proxecto para a creación da Liga ACT e a entidade do Grove se subiu a este carro. Para estreitar inda máis estes lazos de unión, ambas entidades celebraron esta fin de semana un acto de irmandade. O presidente de Mecos, Juan Ramón Outeda, entregoulle a insignia de prata do club ó seu homólogo de Castro, Agustín Anglada.

Ante un aforo de 250 persoas que ateigaron a sede de Mecos, ambos clubs comprometéronse a manter os seus vínculos deportivos no futuro. De feito na traíña de Castro Urdiales que disputa a Liga ACT hai catro ex remeiros de Mecos: José Ángel Cambados, Pablo Casas, Antonio Miguel Montenegro e Sergio Montenegro. Por parte das administracións, esta irmandade contou coa presencia da directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e co edil de Deportes do Grove, Alfredo Bea.

Redacción Salnés