A POBRA> O concello da Pobra desenvolverá ó longo do mes de novembro unha campaña para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais do programa de sensibilización e numerosos actos simbólicos, convocouse unha concentración para o propio 25 de novembro.
Baixo o lema ‘Desmárcate’, o departamento de Igualdade da Pobra porá en marcha unha campaña propia para conmemorar o 25N. Centrarase na necesidade de implicar a toda a sociedade para combater a violencia de xénero invitando ós cidadáns a denunciar os casos que detecten na súa contorna.
A campaña componse de diversos carteis representativos que se distribuirán por todo o municipio e terán difusión a través das redes sociais. Complementarase coa instalación doutros paneis informativos e elementos simbólicos na contorna dos xardíns Valle-Inclán. No marco da campaña encádrase tamén a cuarta reunión da Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero e ou a instalación dun stand informativo nos xardíns Valle-Inclán.
Haberá tamén actividades en colaboración cos centros educativos que teñen como base a prevención.
Ademais de todas estas actividades que se desenvolveran ó longo de todo o mes o concello celebrará un acto institucional o propio 25 de novembro cunha concentración a mediodía no Cantón da Leña.