Inclusión e solidariedade van da man no Diversidarte que chega este sábado á Pobra

A POBRA> O proxecto Diversidarte no Rural chegará á Pobra este sábado. Trátase dun festival en beneficio dos damnificados pola guerra de Ucraína desenvolvido por persoas con diversidade funcional.

Os pobrenses terán ocasión este sábado de asistir a un festival inclusivo e solidario. O Diversidarte no rural achegar ata a pista deportiva de San Isidro de Posmarcos a proposta artística da asociación Potenciemos na que actuarán o grupo Ensamble do conservatorio de música profesional da Coruña e grupo de teatro do Centro de Atención á Discapacidade da Pobra.

Ademais da vertente inclusiva destaca o carácter solidario da iniciativa posto que permitirá recadar fondos en favor de Ucraína. A entrada será de balde pero os asistentes poderán aportar os seus donativos.

A actividade conta co apoio económico da Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí